martes, 16 de diciembre de 2014

Sen desvalixos humanos

O desvalixo e progresivo saqueo dos pabellóns de Toén non é unha miseria preocupante, só o reflexo dunha fachendosa moral mantida ó longo dos anos por anclaxes negados a dar paso a "outra realidade" ... máis saneada e sen apostas por "tradicións" e si por "evolucións". O inquietante é que o que se mantiña embalado dentro dises muros era "miseria humana" ... a cal, para moitos, había que manter calada e soterrada. O que agora atopamos son tan só pedras, mobiliario espallado e cadaleitos de vacuas ideas ... nin rastro humano ... e ise é un gran éxito.